Muros anima ós veciños a facer un uso axeitado da recollida de enseres

    MUROS> O concello de Muros anima á cidadanía a facer uso do servizo municipal de recollida de enseres. Chamando previamente a empresa responsable indica a data para o depósito do residuos evitando que permanezan na rúa. A empresa encargada deste servizo realiza a recollida dúas veces ó mes. Tan só é preciso chamar previamente ó teléfono 639107638, en horario de once a unha. Ademais de facilitar o traballo da empresa que conta cunha previsión de recollida, facendo uso deste servizo evítase a presenza de residuos voluminosos na rúa. Mentres tanto, a mancomunidade serra do Barbanza e a empresa responsable da recollida de lixo seguen a traballar para conseguir unha mellora no servizo que na actualidade presenta deficiencias.