Jesús Manuel Alonso releva ó seu pai á fronte do grupo Jealsa

    BOIRO> Jesús Manuel Alonso Escurís asume a presidencia de Jealsa trala renuncia do seu pai, Jesús Alonso Fernández, por motivos de saúde. O relevo xeracional á fronte deste gran grupo conserveiro fíxose efectivo o pasado venres na xunta de accionistas na que tamén se procedeu ó nomeamento de novos cargos. Juan Luís Alonso Escurís asumirá a vicepresidencia mentres que Puri Alonso Escurís, Javier Alonso Escurís e Miguel Alonso Escurís foron nomeados conselleiros. Por outra parte, a xunta acordou por unanimidade o nomeamento de Jesús Alonso como presidente de honra da corporación en recoñecemento ó gran labor realizado polo grupo do que é fundador.