Os parquistas piden unha reunión para reformar o proxecto de Decreto

    VILAGARCIA> O Parlamento de Galicia ven de instar ó Goberno Galego á que remate o proceso de revisión dos parques de cultivo de Carril instándoos…

    {flowplayer}images/salnes/observacions_decreto_parques_carril.flv{/flowplayer}

     … á elaboración dun novo decreto; do que se debe informar a todos e cada un dos parquistas desta localidade vilagarciá. Logo, instrúe que se abra o proceso de achegas e suxestións para mellorar este novo decreto por aqueles que acrediten ser representativos deste colectivo.

    Dúas persoas que xa veñen de remitir as súas alegacións á Vicesecretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar son o Presidente da Agrupación de Productores dos Parques de Cultivo de Carril, José Luís Villanueva e o Patrón Maior da Confraría Santiago Apóstolo de Carril, Fernando Franco.

    No seu escrito reclaman unha reunión con representantes deste departamento autonómico para explicarlles, cara a cara, as múltiples diferencias que existe entre os parques de cultivo de Carril e outros establecementos de acuicultura paradigmáticos.

    En xeral, as súas obxeccións fan referencia a que varios puntos da normativa esixen uns requerimentos que os parquistas non poden afrontar nin cultural nin economicamente; posto que a realidade destes traballadores e as súas circunstancias non se axeitan ó que se quere dispor por lei. Reiteran por iso a petición dunha xuntanza na que expoñer ó detalle ás súas obxeccións sobre os sistemas de carga e descarga e o seu control, venda, transporte ou primeira venda.

    Redacción Salnés