Os comerciantes de Vilagarcía piden axudas para o sector polas perdas das cancelacións de fin de ano

VILAGARCIA> Os comerciantes de Vilagarcía piden axudas para o seu sector polos peches da hostalería. Dende Zona Aberta consideran que os establecementos de roupa ou os salóns de peiteado tamén se ven afectados pola cancelación das festas de fin de ano. Advirten que está sendo un nadal moi malo para os seus negocios.

Os comerciantes de Vilagarcía piden axudas para o seu sector tralas novas normas que van a afectar a hostalería e, en moitos casos, cancelar as festas de fin de ano ou as actividades de nadal dos concellos. Dende Zona Aberta sinalan que o traballo da hostalería e dos comercios están moi ligados, e que estas medidas tamén prexudican aos seus negocios.

Dende Zona Aberta sinalan que as medidas afectan aos seus negocios e que as vendas deste nadal son moi escasas.

Ante esta situación, os comerciantes solicitarán á Xunta que os teñan en conta para axudar aos seus negocios.

Dende Zona Aberta advirten que estas axudas serían vitais para salvar a moitos negocios de pechar as súas portas. Á marxe desta situación, os comerciantes de Vilagarcía continúan realizando campañas para premiar aos seus clientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí