Sorprendidos cando probaban a pureza da droga que transportaban

    cocaestacionserviz.jpg PONTEVEDRA> A operación ‘Riohacha’ saldouse con 500 quilos de cocaína interceptados nunha área de servizo da AP-9 e oito detidos.

    {flowplayer}images/salnes/RIOHACHA.flv{/flowplayer}

    Cincocentos quilos de cocaína e oito detidos, catro colombianos e catro españois, dos cales un veciño é de Nigran. É o saldo da operación Ríohacha, desenvolvida pola Policía Nacional e que culminou esta semana ó interceptarse o alixo nunha área de servizo da AP9, en Pontevedra. Os narcotraficantes foron sorprendidos cando comprobaban , a plena luz do día, a pureza da droga.

    Segundo explicou a Policía Nacional, barállase a hipótese de que a droga chegou a España nun veleiro, procedente de Sudamérica. O transporte correu a cargo dos catro españois, mentres que os cidadáns colombianos eran os propietarios da droga e os que se encargarían logo de distribuíla no mercado nacional.

    As investigacións iniciáronse en xaneiro deste ano, cando os axentes souberon da presencia en España dun grupo de colombianos dedicado á distribución de droga. De feito, de un deles cren que ten gran importancia no mundo do narcotráfico. En canto ós españois, ningún deles tiña antecedentes por tráfico de drogas.

    A Policía asegura que desde o 2009 descendeu o narcotráfico, inda que advirten que Galicia segue a ser unha ruta a ter en conta, sobre todo polas organizacións colombianas. Un dos factores deste descenso é o alto prezo que acada a cocaína no mercado ilícito.

    Este pasado domingo interceptouse a droga, 20 fardos de cocaína, na área de servizo San Simón, da AP9, e detivéronse a cinco persoas no momento do pase. Ó día seguinte detivéronse a outras tres noutra área de servizo da A-6, preto de Lugo, eran os encargados de custodiar o diñeiro co que ían pagar a droga. Todos eles pasaron xa a disposición da Audiencia Nacional. A operación, que se dá por concluída, foi realizada polo GRECO Galicia.

    Redacción Salnés