OUTES> Un cento de participantes, entre estudantes e persoal docente, deuse cita en Outes para participar ata finais de semana nos proxectos sobre cambio climático e innovación educativa enmarcados no programa Erasmus Plus.
Estudantes e representantes de institucións galegas, portuguesas, polacas e romanesas participan no programa Erasmus Plus sobre Innovación educativa e cambio climático liderado polo concello de Outes. Durante tres días, os participantes analizarán as novas plataformas que serven como base á educación a distancia cunha compoñente de conservación medioabiental.
Esta iniciativa está enmarcada no programa Erasmus PLUS que promove proxectos innovadores que contribúan á mellora dos centros educativos e institucións que participan.