O PSOE de Noia aposta pola execución dunha pasarela cuberta na ponte de San Lázaro

NOIA> O PSOE de Noia urxe a actuar sobre a ponte de San Lázaro para mellorar a conexión entre dous puntos estratéxicos da vila separados polo río. Insisten en que se trata dun proxecto asumible con fondos propios do concello e que melloraría notablemente a seguridade viaria e a mobilidade.

Os socialistas de Noia fixéronse eco dunha histórica demanda da veciñanza para dotar á ponte de San Lázaro dunha pasarela cuberta coa fin de mellorar a conexión do barrio de San Lázaro co centro histórico.

Ademais de facilitar o tránsito peonil e incrementar a seguridade viaria, especialmente no acceso do Malecón de Cadarso, esa actuación suporía tamén unha mellora a nivel estético coa integración visual deste elemento arquitectónica na súa contorna.