A Xunta incrementará a capacidade da EDAR de Rianxo

    plansaneamentorianxo.jpgRIANXO> Esta é unha das actuacións que estuda implantar Augas de Galicia e que permitirán a erradicación de vertidos directos ó mar.

    {flowplayer}barbanza/plansaneamentorianxo.flv{/flowplayer}

    Non é nada novo. Dende hai tempo a Xunta de Galicia, dentro do Plan de Saneamento Integral para a Ría de Arousa, está a traballar conxuntamente co concello de Rianxo para deseñar as actuacións a realizar a nivel local encamiñadas á erradicación dos vertidos ó mar que se dan neste municipio. Segundo o alcalde, Adolfo Muíños, o proxecto previsto para Rianxo executarase en base a varias actuacións fundamentais entre as que se atopan o incremento da capacidade da actual depuradora municipal e a construción dun tanque de tormentas.

    Colector xeral

    Outra das actuacións encadradas neste plan de erradicación de vertidos sería a renovación do colector xeral entre Rinlo e Setefogas .

    Fondos autonómicos

    A execución deste proxecto debería materializarse no período 2012-2015, prevéndose un investimento total duns catro millóns de euros que serían sufragados na súa totalidade con fondos autonómicos.

    Redacción Barbanza