Muros organiza unha carreira solidaria en favor de Cáritas

    NMUROS> O concello de Muros acolle este domingo unha carreira solidaria en favor de Cáritas. Dende a organización, que corre a cargo da piscina municipal, agardan superar os cincocentos participantes da pasada edición. Xa se poden formalizar as inscricións na carreira popular tanto na casa da cultura como na piscina municipal. Poderán participar tódalas idades, a partir dos catro anos e para os que prefiran camiñar en lugar de correr haberá unha andaina de cinco quilómetros e medio. Ademais da vertente deportiva, cómpre destacar o fin social desta actividade xa que tódolos fondos recadados irán destinados a Cáritas.