BOIRO> A ABE repartirá este Nadal tres mil euros en premios. Así o anunciou o presidente da patronal boirense na presentación da campaña para estas datas que incorpora importantes novidades. Entre elas, un catálogo de fidelización que permite canxear puntos por agasallos directos.
Este venres arranxa a campaá de Nadal na ABE coa que, ademais de dinamizar o comercio e a hostalería local, busca premiar a fidelidade dos seus clientes. Segue a mesma dinámica que os anos anteriores polo que os clientes deberán subir os tickets de compra á web abe.gal e entrará non sorteo de 3000 euros en bonos ABE. Ademais de optar a estes premios, os clientes que rexistren os seus tickets acumularán puntos que se poden canxear co novo catálogo de produtos que vén de sacar a asociación.
O catálogo estará vixente todo o ano, co fin de fidelizar clientes. Dende o concello agardan que estas iniciativas contribúan a incrementar as vendas e atraer máis visitantes ó municipio ó longo destas datas.
Polo que respecta á campaña de Nadal finalizará o día 8 de xaneiro e o sorteo terá lugar ó día seguinte.