A POBRA> O concello da Pobra estuda a posibilidade de contratar seguridade privada para paliar a actual falla de persoal na plantilla da Policía Local. Dos doce axentes cos que conta este corpo, só hai dispoñibles dous efectivos, o resto están de baixa ou en comisión de servizo noutro Concello.
O executivo pobrense baralla varias posibilidades para darlle solución a un problema que ten dende hai varios meses como é a falla de efectivos no corpo da Policía Local. Dos doce axentes cos que conta o corpo, a día de hoxe tan só hai dispoñibles dous, ó resto está de baixa ou en comisión de servizo. Ante o temor a que o problema se manteña no tempo, e a imposibilidade de cobertura destas prazas o axiña que se quixera, leva ó Concello a estudar varias propostas.
As outras opcións pasarían polo pago de horas extras ó persoal actual, algo que xa se está a facer, ou pola contratación de seguridade privada.
Dende o Concello agradecen a colaboración da Garda Civil que estas últimas semanas, vendo a situación, está a reforzar as gardas, para así garantir a seguridade na vila.