PONTEVEDRA> Así o acordou o Consello de Administración do ente público, logo de constituírse na sé da Deputación.
{flowplayer}images/salnes/090609_reunion_louzan.flv{/flowplayer}
Xestur, o ente público encargado de administrar o solo urbanístico e empresarial da provincia de Pontevedra, xa ten novo Consello de Administración. Constituíuse na sé da Deputación, e no acto estiveron presentes, entre outros, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o director xeral de Vivenda e Solo, Antonio Boné, o xerente do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Humberto García e a directora xeral de Patrimonio da Consellería de Facenda, Rosa María Pedreira. Unha das decisións que tomou o novo Consello foi designar a Javier Domínguez Lino como xerente de Xestur Pontevedra.
Durante a xuntanza tamén se procedeu ó cese dos anteriores membros do Consello de Administración e propúxose ós novos integrantes, nove cargos entre os que se atopan o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, ou o xerente do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Humberto García, que se converterá no novo presidente do ente. O primeiro paso, revisar o estado financeiro de Xestur.
Outra das tarefas prioritarias do ente será redefinir as necesidades de chan industrial na provincia. No caso por exemplo do Polígono de Barro-Meis, o presidente da Deputación asegurou que están a piques de entregar o 40 por centro das parcelas, e de cara á segunda fase, adiantou que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentará nos vindeiros días unha nova proposta para o enlace de Curro.
Redacción Salnés