Juanín García, gran atracción do VI Campus Juan de Dios Román

SANXENXO> Despois do seu paso por Cambados e catro anos en O Grove, agora será Sanxenxo o municipio encargado en acoller este prestixioso campus de balonmán, dos días 23 ó 30 do presente mes de xuño.

{flowplayer}images/salnes/balonman_120612.flv{/flowplayer} 

Begoña Estévez, deputada delegada de deportes, presentou esta mañá a sexta edición do campus Juan de Dios Román, acompañada da edil de deportes de Sanxenxo, Isabel González e de José Luís Pérez Ouro, Presidente da Federación Galega de Balonmán.

Un campus que tras nacer no seo do Rasoeiro e pasarse catro anos en O Grove, comeza a ser intinerante. O verán pasado foi Cambados e agora é turno para Sanxenxo.

O colexio Abrente será o encargado de acoller as actividades nas que coma sempre participarán grandes figuras do balonmán. Este ano destaca a presencia do xogador do Barça e internacional coa selección española Juanín García, que estará catro días cos rapaces. Xunto a él, o adestrador do BM Torrevieja, Manolo Laguna ou Pedro Vieira, adestrador de porteiros da selección portuguesa, entre outros.

Das 70 prazas ofertadas xa están cubertas en torno ó 85%. Tanto Begoña Estévez como Isabel González non dubidan que as restantes serán cubertas dado o atractivo da oferta deportiva e lúdica.

Redacción Salnés