PONTEVEDRA> Xa está en Pontevedra a bandeira que oficializa á cidade como sede da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. A delegación pontevedresa recolleu a testemuña en Abu Dhabi e xa está de volta no concello. Será no vindeiro mes de setembro cando se celebre esta proba deportiva. O goberno local agarda que a cita sexa unha referencia mundial.
Xa está en Pontevedra a bandeira que acredita á cidade como futura sede da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Unha delegación pontevedresa recolleuna esta fin de semana en Abu Dhabi.
A cidade celebrará este evento deportivo en setembro do ano que vén. Dende o punto de vista deportivo, o concello agarda que máis de 4.000 deportistas participen na competición. Tendo en conta, sobre todo, que o 2023 é ano preolímpico.
Ademais o goberno local quere dar á Gran Final un valor engadido. A intención é celebrar numerosos eventos paralelos para animar á veciñanza e atraer aos visitantes.
Segundo os cálculos do concello, en setembro do 2023 pasarán por Pontevedra entre 10.000 e 12.000 persoas.