O BNG augura un futuro negro para a economía da vila

    bngvilagarcia copia.jpg VILAGARCÍA> Acusan a Ravella de presentar un balance de mandato que non se corresponde coa realidade e de actuar con prepotencia.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_VALORA_ANO_GOBERNO_FOLE.flv{/flowplayer}

    O BNG augúralle un negro futuro ó Concello de Vilagarcía, tras analizar o primeiro ano que leva o PP no goberno municipal. Acusan ó alcalde Tomás Fole de incompetente. Cren que a súa falta de xestión provocou a perda de subvencións como a de Luz Salgada ou os Fondos Feder, o endebedamento do Concello, a perda de Fexdega como motor económico da vila, e sobre todo, a falta total de proxectos.

    Sobre o balance feito xa por Fole, o BNG cre que non se corresponde coa realidade. O alcalde sinalou que neste primeiro ano de mandato, se reduciu o gasto de persoal en 1,2 millóns de euros, e en máis de 166 mil as asignacións á corporación. Para os nacionalistas esta reducción fíxose a costa da oposición, e asegura que pola contra o PP pasou de percibir 26.400 euros ó ano a máis de 41 mil. Para o BNG o caso máis escandaloso é o da tenente de alcalde Marta Rodríguez, quen, amais de cobrar os 4.500 euros mensuais como deputada autonómica, percibe como mínimo 700 euros ó mes por asistencia a comisións e plenos municipais.

    Tomás Fole e Marta Rodríguez acusaron á oposición de desleais e irresponsables. Ante isto, os nacionalistas tachan ó alcalde de prepotente e de non falar coa oposición, nin sequera coas asociacións de veciños que xa lle solicitaron reunións. 

    Fole destacou no seu balance a reducción do presuposto municipal nun 21 por cento. Unha baixa que, segundo o BNG, se deu sobre todo en servizos sociais.

    Redacción Salnés