A variante do Camiño Portugués polo Salnés estrea nova sinalización

    sinalizacion_camino_santiagocopy.jpgSALNÉS> O obxectivo desta actuación é facilitarlle o camiño ós peregrinos e potencialo turismo de interior. Para elo instalaranse máis de 60 novos postes.

    {flowplayer}images/salnes/NOVA_SINALIZACION_CAMINO_XACOBEO.flv{/flowplayer}

    Máis de sesenta postes coma estes serán colocados nas vindeiras semanas ó longo da variante do Camiño de Santiago Portugués, aquela coñecida como a variante espiritual que comeza na cidade de Pontevedra, se bifurca pola comarca de Arousa e mesmo contempla un tramo fluvial.

    Polo de agora, a nova sinalización instalarase no tramo de competencia da Mancomunidade do Salnés. O obxectivo desta actuación é facilitalo camiño ós peregrinos e potencialo turismo de interior.

    Amais, esta nova sinalización pretende contribuír a diversificala Ruta Portuguesa. Para conseguir todos estes obxectivos, destacar a promoción que desde a Asociación de Amigos do Camiño Portugués están a facer da mesma en lugares como Brasil, Alemaña ou Xapón.

    A sinalización será instalada en tódolos cruces nos que poida haber algunha dúbida de orientación. Agora desde a Mancomunidade agardan que os concellos de Pontevedra e Poio se unan a esta actuación para mellorar unha ruta que cada vez atraer a máis peregrinos.

    Nestes momentos esta variante do Camiño Portugués conta con dous aloxamentos para peregrinos no Salnés: o Mosteiro da Armenteira e un camping de Vilanova.

    Redacción Salnés