Concello e comerciantes crearán un organismo para promocionalo turismo

    padroado_turismo_cambadoscopy.jpgCAMBADOS> Será despois do verán. Á espera de definila fórmula xurídica, o alcalde agarda que a esta iniciativa se unan tódolos sectores implicados.

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_CAMBADOS_150612.flv{/flowplayer}

    Unir esforzos para a promoción de Cambados coma destino turístico alá onde sexa preciso. Esta é a finalidade pola que desde o concello veñen de anunciar a súa intención de crear, despois do verán, unha especie de Padroado ou Consorcio de Turismo, á espera de definila fórmula xurídica, xunto á asociación de Comerciantes Zona Centro.

    Esta actuación virá a complementalas actuacións que contempla o Plan de Dinamización deseñado polo concello con cargo ó crédito FOMIT. Para elo será preciso a unión dos diferentes sectores.

     E é que segundo o alcalde, nos tempos de crise nos que nos atopamos é preciso explotar, se cabe aínda máis, os atractivos de cada vila. No caso de Cambados os esforzos teñen que ir dirixidos, dixo, a pór en valor o enoturismo, o noso mar e os seus produtos e o conxunto histórico da vila.

    Precisamente para conseguir eses obxectivos desde o concello contan con ese Plan de Dinamización financiado co Fondo Financeiro do Estado para a Modernización das Infraestruturas Turísticas. Entre as actuacións que contempla atópase o deseño dunha nova páxina web para o concello e un vídeo promocional para presentar nas diferentes feiras e congresos.

    Dito Fondo, cuxo convenio foi asinado fai seis anos, está a supor en Cambados un investimento duns dous millóns de euros en dúas áreas concretas: obras e promoción e dinamización. Segundo o alcalde os resultados de todas estas actuacións veranse no sector turístico dentro de dous- tres anos.

     

    Redacción Salnés