![]()
VILAGARCÍA> Estes, xunto á perda de dúas prazas, son os axustes que o concello aplicará no centro de cara ó vindeiro curso.
{flowplayer}images/salnes/MATRICULA_CONSERVATORIO_VILLA_150612.flv{/flowplayer}
O conservatorio de música de Vilagarcía arrancará o vindeiro curso con dous profesores menos e sen a especialidade de canto. Son os principais cambios que fixo o Concello para tratar de equilibrar o presuposto do conservatorio. Segundo datos do curso pasado, o orzamento foi de 600 mil euros, pero os ingresos só foron de 105, contando taxas e subvencións da Xunta e Deputación. Polo que o déficit foi de 495 mil euros, 3.837 por alumno.
Segundo explicou a edil de Educación, Rocío Llovo, o vindeiro curso amortizarase a praza dun profesor que se xubila, e eliminarase o docente da especialidade de Canto, que desaparece do plan de estudios. O criterio para tomar esta decisión, segundo Llovo, é que é a especialidade máis cara do conservatorio e só ten 3 alumnos.
Polo tanto, para o vindeiro curso, só haberá 19 profesores no conservatorio. Nove fixos, entre os que figura a directora. Os outros docentes son persoal contratado ó que se lles remata agora o contrato, polo que se convocará unha nova bolsa de traballo. Llovo aclarou que se manterán as taxas e que se ofertarán dúas prazas medios para o 1º curso, pero sempre respectando o número total de alumnos actual, que é de 129. En canto ós prazos de matrícula, do 18 ó 22 ábrese para os actuais alumnos, e do 25 ó 26 para os novos.
Redacción Salnés











