O CIM incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas

    teletraducion copia.jpg VILAGARCÍA> Permitirá que os técnicos do Centro poidan atender a usuarias estranxeiras na súa lingua nai e respectando a súa privacidade.

    {flowplayer}images/salnes/TRADUCTOR_CIM_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Este é o funcionamento do sistema de teletradución. A partir de agora, o persoal técnico do CIM poderá atender a todas aquelas usuarias doutras nacionalidades que se acheguen ó centro na súa propia lingua. O servizo dispón de 51 idiomas e desde que se comezou a implantar en Galicia en setembro do pasado ano 82 persoas fixeron uso del só na provincia de Pontevedra. Unha das súas principais vantaxes é o mantemento da privacidade das usuarias, sobre todo cando se trata de consultas relacionadas coa violencia de xénero.

    Mediante a sinatura deste convenio entre o concello e a dirección xeral de Igualdade, o CIM de Vilagarcía únese ó de Sanxenxo, Cambados e O Grove, municipios do Salnés que xa contan con este sistema, e as 67 entidade de toda Galicia nos que tamén está vixente.

    Ademais de Centros de Información á Muller, o servizo de teletraducción tamén funciona en casas de acollida e ONGs ou outras entidades que tratan con vítimas de violencia de xénero.

    Redacción Salnés