Dezaseis despidos nunha Clesa a piques de ser vendida

    CALDAS> Nas últimas horas producíronse varios despedimentos no plantel de Clesa, en Caldas de Reis. Arredor de 16 persoas recibirían neste martes…

    {flowplayer}images/salnes/cartas_despido_clesa.flv{/flowplayer}

    … a súa carta de despido a menos de 24 horas que remate o prazo para venda da factoría caldense á cooperativa láctea Acolal, liderada por Feiraco.

    Entre os despedidos figuran o que fora o encargado ate o de agora Alejandro Puga e mesmo membros do comité de Empresa, salvo a delegada sindical de CCOO Dolores Ramos, quen descartou facer declaracións ó respecto.

    Si admitiu que avanzan as negociacións entre as partes para poñer en marcha un proxecto de empresa que incluiría a só trinta dos empregados de Clesa, co que entendía que os outros 16 restantes ían a ser despedidos de xeito inminente. O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, recibía cun sabor agridoce esta nova dos despedimentos agarrándose a promesa de que en breve Clesa intentará recolocar ós máis ex-empregados posibles.

    Estes últimos despedimentos son para o Alcalde caldense un indicativo máis de que as negociacións marchan a bó ritmo, co que agardan unha pronta solución satisfactoria a este conflicto sociolaboral. Con todo a súa postura é de cautela e, ó tempo, de satisfacción polo arduo traballo político feito.

    As vindeiras horas serán cruciais para coñecer se finalmente se pecha o proceso de compra, de forma definitiva, da firma pertencente ate o de agora a Nueva Rumasa á cooperativa Acolact, formada por dez cooperativas galegas, entre elas Feiraco, esta última con José Montes Pérez como novo presidente.

    Redacción Salnés