A Xunta custeará os estudos da recollida supramunicial de lixo

    RECOLLIDASELECTIVADEPUTACION copia.jpg PONTEVEDRA> O servizo entrará en vigor en xaneiro. Desde a Deputación aseguran que de reciclar un 5% máis, poderían aforrarse sete millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/XORNADA_XESTION_RESIDUOS_200612.flv{/flowplayer}

    A Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá unha xuntanza de traballo para seguir perfilando o sistema de recollida conxunta de lixo na provincia e informar sobre as novas obrigas que traerá a Lei 22/2011 de Residuos e Solos Contaminados. A sesión contou coa participación de alcaldes e concelleiros de Medio Ambiente de toda a provincia así como o conselleiro de Medio Ambiente. Agustín Hernández aproveitou a ocasión para anunciar que a Xunta financiará os estudos preparatorios do servizo de recollida conxunta.

    Hernández salientou durante a súa intervención a importancia de poñer en marcha iniciativas como a que lidera a Deputación de Pontevedra, non só para que os concellos aforren custes na recollida de lixo, senón tamén polo que supón de beneficio para o medio ambiente. O titular da Xunta aproveitou para repasar algunhas das medidas que xa están vixentes.

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou tamén que a partir de xaneiro do ano que vén, coa entrada en vigor da Recollida Supramunicipal de Residuos, a Deputación será a posuidora do lixo, co que poderá negociar de xeito directo con Ecoembes para poder obter prezos máis vantaxosos. No tocante á nova Lei de Residuos, Louzán explicou que será máis estrita na vixilancia e obriga de separar os refugallos. Como dato, o dirixente provincial planteou a alcaldes e concelleiros pontevedreses que se na provincia aumentaran a recollida selectiva do dez por cento actual a tan só un quince por cento poderían conseguir aforra un mínimo de sete millóns de euros e xerarían ingresos de catro millóns pola venda dos envases.

    Redacción Salnés