Competidores de toda Galicia participarán na X Velada de Boxeo de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira acollerá a décima velada de boxeo. Será o domingo día 27 no pavillón polideportivo Torres Colomer, en Palmeira. Pola mañá disputarase o torneo de promesas cos competidores máis novos.

O domingo 27 a xornada de boxeo dará comezo á dez e media co torneo de promesas no que tomarán parte as categorías inferiores. A partir das seis dará comezo a velada de boxeo con competidores de toda Galicia.

Tamén o alcalde animou a tódolos veciños a asistir a esta xornada deportiva en recoñecemento ó gran traballo realizado pola escola ‘El Canario’.

Xa se poden adquirir as entradas de xeito anticipado tanto na escola de boxeo El Canario como no Bar Tenerife e Podium Sport. O prezo é de oito euros en grada e 10 en silla.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí