Teatro solidario en beneficio dos damnificados polo volcán da Palma

RIBEIRA> A asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño, de Aguiño, doou máis de seiscentos euros ós damnificados polo volcán da Palma. A entidade realizou unha recadación de fondos a través da súa mostra de teatro que xa foron enviados ó Cabildo da Palma.

Finalizada a erupción do volcán Cumbre Vieja na Palma toca facer balance e atender de xeito urxente as necesidades dos damnificados. A asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño decidiu aportar o seu gran de area á causa recadando fondos a través da súa mostra de teatro.

Esta contía xa foi ingresada na conta oficial do Cabildo da Palma para que sexan as autoridades as que decidan o mellor destino dos fondos.

Non se trata dunha iniciativa nova senón que a mostra ten cada ano un fin solidario colaborando con diversas entidades e asociacións do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí