O Festival Olloboi premia ós mellores audiovisuais non profesionais

    previofestivalolloboi.jpgBOIRO> A entrega dos premios terá lugar na casa de cultura da Cachada, nunha gala conducida por Toñito de Poi e coa actuación do grupo Anxoblas.

    {flowplayer}barbanza/previofestivalolloboi.flv{/flowplayer}

    Os afeccionados ó mundo do audiovisual terán unha cita mañá venres a partir das nove da noite na casa de cultura da Cachada en Boiro coa celebración da gala de entrega de premios do festival audiovisual Olloboi organizada pola asociación Marearte, un colectivo sen ánimo de lucro formado por profesores de ensino público.

    Categorías e premios

    Á edición deste ano do festival presentáronse máis de 80 traballos, dos cales foron seleccionados para a final 24. Serán en total seis categorías: Premio do Público, Mellor Documental, Mellor Guión, Premio Olloboi Escolar e Premio Olloboi. Ademais e grazas a patrocinios de última hora, a organización decidiu engadir un novo premio, á mellor Curta de Ficción Escolar. A organización destacou a alta calidade das obras presentadas a concurso.

    Agradecementos

    Dende Marearte quixeron agradecer tamén ás empresas colaboradoras que coas súas aportacións fixeron posible poder desenvolver esta gala, así como tamén ós colaboradores e membros do xurado, como é o caso de Toñito de Poi, Luís Avilés, Miguel de Lira e Agustín Agra, que de xeito altruísta tamén colaboran co festival.

    En A7-Canal Rías Baixas

    As persoas que non poidan acudir mañá á casa da cultura boirense terán oportunidade de disfrutar da gala de entrega dos premios Olloboi o vindeiro luns nesta canle, Canal Rías Baixas, a partir das dez e media da noite. Unha emisión que poderá ser tamén seguida en toda Galicia a través de R no dial 134 ou ben a través da propia páxina web do festival: Olloboi.com.

    Redacción Barbanza