RIBEIRA> A incautación do peixe producíase durante un control rutineiro do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil.
Os axentes observaron como se estaba descargando dunha embarcación 12 caixas de sardiña que posteriormente trasladaron directamente a un almacén de maioristas, atravesando a sala de pesaxe, sen pasar antes pola lonxa.
Unha vez finalizada a descarga, procederon a inspección tanto do barco coma do almacén, confeccionando as correspondentes actas de denuncias en base á actual Lei de Pesca pola comercialización de especies fóra das canles legais, tenencia de capturas en veda e especies sen datos de trazabilidade.
As sardiñas incautadas foron depositadas na cámara frigorífica da propia rula ribeirense para o seu posterior traslado e entrega ó Banco de Alimentos de Santiago.