O Centro Comercial da Toxa conta cunha nova directiva

    O GROVE> O Centro Comercial da Toxa conta cunha nova directiva que intentará darlle un novo impulso a esta comunidade de establecementos…

    {flowplayer}images/salnes/cambio directiva aldea comercial toxa.flv{/flowplayer}

    … comerciais. Malia a súa ubicación e potencialidade os establecementos que xa están todos vendidos non locen como deberan dado o descoido aparente dalgúns locais que os seus propietarios non explotan de xeito comercial.

    A nova dirección que encabeza Moisés Otero pretende poñer o contador económico en positivo e dinamizar esta área comercial á que acoden regularmente non só os residentes na Ila da Toxa e ós usuarios dos hoteis e excursionistas, senón tamén veciños do Grove e da contorna.

    Deste xeito a Comunidade do Centro Comercial da Illa da Toxa quere darse a coñecer mellor entre a poboación, convidándoos a comprobar que non é unha milla de oro, senón que hai tendas e establecementos con artigos para tódolos gustos e petos.

    Pero antes de nada, a principal necesidade de actuación é interna: a primeiros de xullo terá lugar unha asemblea de comuneiros propietarios da Z92 da Aldea Comercial da Toxa para aclarar a situación actual de partida e, de aí en diante, emprender con forza unha nova etapa.

    Redacción Salnés