Un home perece afogado nunha praia de Castiñeiras

    RIBEIRA >  A praia de Mosqueiros, na parroquia ribeiresa de Castiñeiras, foi escenario o pasado luns dun tráxico suceso. Un home pereceu afogado cando se atopaba buceando a aproximadamente cincuenta metros da beiramar. Tras permanecer media hora desaparecido, o corpo do home foi rescatado da auga cos pulmóns totalmente encharcados polo que faleceu intres despois.

    Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, cuxo persoal practicoulle á vítima varios intentos de reanimación. Anteriormente, os mariscadores que rescataron ó afogado tamén lle aplicaron técnicas de primeiros auxilios. Sen embargo, o esforzo foi inútil posto que o longo tempo que permaneceu baixo a auga provocoulle un encharcamento dos pulmóns que rematou causándolle a morte.

    No lugar dos feitos personoulle unha patrulla da policía nacional e membros do Grupo de Intervención Rápida así como o coordinador do equipo de socorristas. Tamén se achuegou ata o porto da Ameixida o alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, para apoiar ós familiares nestes difíciles momentos.

    O falecido, José Manuel Sánchez Andrade, era natural de Santiago pero adoitaba pasar longas tempadas na parroquia de Castiñeiras en compaña dos seus familiares.

    Redacción Barbanza