O concello fará a revisión catastral de todo o solo do municipio no 2014

    revision_catastro_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Trátase dunha medida contemplada no Plan de Axustes que aportará ás arcas municipais un millón setenta e dous mil euros máis.

    {flowplayer}images/salnes/REVISION_CATASTRAL_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Xa o anunciaran no seu día. Unha das medidas que contemplaba o Plan de Axustes do concello de Sanxenxo era unha revisión do catastro, dado que a última data do ano 96. Agora, desde a casa consistorial veñen de informar que será no 2014 cando se realice dita ponencia de valores. Será unha empresa externa a encargada de facelos estudos oportunos do solo do concello.

    A revisión farase de todo o solo do municipio xa que, segundo informou a voceira do goberno local, María Deza, hai un gran volume do mesmo que hai que modificar derivado da aprobación do Plan Xeral no 2003.

    De feito, son do redor dos tres millóns de metros cadrados os que están mal catalogados. Isto aportará ás arcas municipais un millón setenta e dous mil euros a maiores dos cinco millóns que viña recadando ata o momento. Con todo, o edil de Economía e Facenda sinalou que cabe a posibilidade de reducilo tipo a un 0’10 durante ós seis anos posteriores á revisión.

    Segundo ambos edil, esta decisión xa foi trasladada ós grupos da oposición. Aínda así, para ratificala solicitude exposta ante o catastro será preciso elevar o acordo a pleno.

    Nesta comparecencia a voceira do goberno tamén falou do conflito de Monte Faro. María Deza confesou que xa presentaron recurso de amparo ante a decisión do xuíz pola que se obriga ó concello a devolvelos 3’8 millóns de euros. Á espera da resposta, indicou que tamén están estudando as diferentes alternativas das que dispoñen por se tivesen que afrontalo pago. Unha delas sería empregalo patrimonio municipal.

    Redacción Salnés