Uns 300 alumnos reflexionan sobre o cambio climático

    climantica100.jpgVILAGARCÍA> Un total de 18 traballos realizados por centros de Secundaria de Galicia foron presentados no marco do V Congreso Climántica.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CLIMANTICA.flv{/flowplayer}

    Trátase dun proxecto educativo sobre medio ambiente e cambio climático que promove a Xunta de Galicia. Neses traballos participaron en total 300 alumnos, que foron felicitados polo alcalde de Vilagarcía, encargado de inaugurar o congreso. Tomás Fole destacou a importancia da formación, da educación e dunha actitude responsable para aforrar no coidado do medio ambiente.

    Este é o segundo ano que o proxecto educativo Climántica entrou no mundo virtual a través dunha plataforma online internacional. Nel abórdanse as principais problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático, atravesando as barreiras das diferentes disciplinas implicadas, pero tamén traspasando fronteiras.

    A xornada para os participantes de Climántica rematou cunha comida campestre e con torneos deportivos na praia.

    Redacción Salnés