CAMIÑO DE SANTIAGO> A asociación de Amigos do Camiño Portugués mira ao futuro con optimismo. Dende a agrupación consideran que a liberdade e a natureza que ofrece o camiño son dous factores claves para volver á normalidade. Son conscientes que o camiño dependerá dos esforzos de españois e portugueses.
Os amantes do camiño de Santiago agardaban con gran ilusión á celebración do vindeiro ano xacobeo 2021. Unha ano santo que agora vese doutra maneira. Dende a asociación amigos do camiño portugués consideran que aínda é cedo para facer unha predición, pero miran ao futuro con optimismo xa que consideran que os valores que aporta o camiño son os necesarios na volta á normalidade.
O ano pasado rexistráronse 350 mil compostelás, 90 mil procedentes do camiño portugués. A previsión para este ano eran superar as 100 mil, unha cifra que xa non se alcanzará. A masificación non será un inconveniente na volta á normalidade.
Con moitas fronteiras pechadas, a recuperación do camiño dependerá das administracións galega e española, pero tamén do apoio de Portugal.
Dende a asociación agardan que os visitantes volvan ao camiño ao final deste ano e durante o 2021. Tamén están pendentes da posible prorroga que o Papa outorgue ao ano xacobeo, co obxectivo de garantir celebrar o ano santo con todas as garantías de seguridade.