As posturas de Céltiga e ACD Dorna cada vez máis afastadas

SALNÉS> No futbol, houbo moitas novidades esta fin de semana. Non no capítulo de fichaxes, aínda que si se van tratando renovacións sobre todo no Sanxenxo e no Arosa, senón coas asembleas de socios. Os dous equipos do Salnés na Terceira atópanse arestora sen directiva e cun futuro incerto no económico e no deportivo.

Niguén podía agradar o venres na asemblea de socios do Céltiga unha nova como esta. A dimisión ó completo da directiva. O problema, que a Asociación Cultural e Deportiva Dorna organizará este ano a Festa da Ameixa Roxa, unha xornada gastronómica que nos últimos anos celebrou o Céltiga e da cal obtiña boa parte dos seus ingresos anuais. Segundo puido saber Canalriasbaixas, despois de dous días as posturas non se achegaron, máis ben afastáronse. Dorna reclama o seu dereito a organiza-la festa mentres que a directiva presidida por Diego Gondar non dará marcha atrás e deixará as chaves do club o sábado no concello, tras unha asemblea de socios. A posibilidade de que o concello exerza de mediador neste asunto é pouco probable. Iso sí, o equipo xa está inscrito para participar o vindeiro ano en Terceira División.

Mentres no Vilalonga sigue sen haber presidente despois da asemblea de onte. Hai persoas dispostas a traballar para o club pero ninguén para encabeza-lo proxecto. Jaime Camiña presentou as contas. As subvencións darán para pagar ós xogadores e corpo técnico se ben dende San Pedro cóntase que pecharase a temporada cun déficit de 40.000 euros. A seguinte asemblea, será o martes ás 21:00.

No capítulo deportivo, o Arosa podería atar hoxe a continuidade de Adrián Camiño. As negociacións están moi avanzadas entre ambas partes. Mesmo caso que o de Jorge Pérez, que falará mañá co club e é bastante probable que continúe. Mentres Comesaña e Josiño siguen a meditar o seu futuro, Lino González continúa a conversar co resto do plantel, do que pretende manter á maioría de xogadores.

Nas mesmas está o Sanxenxo. Aínda non hai nada asinado, pero os pesos pesados dos últimos anos continuarán con case total seguridade, casos de Diego Blanco, Cuchi, Minso, Aguín, Alfonso, Jose Angel, Fiti ou Velay.

Redacción Salnés