Uns cen corredores disputarán este domingo o IV Trail Pico Muralla

RIANXO> Rianxo acollerá este próximo domingo a  cuarta edición da subida ó Pico Muralla. A proba, cun recorrido de quince quilómetros, reunirá a máis de cen participantes.

Organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda en colaboración co concello de Rianxo, este próximo domingo disputarase a cuarta edición do Trail Subida Pico Muralla. A proba terá un percorrido duns quince quilómetros, especialmente dura na parte final do trazado, cun desnivel positivo duns 670 metros. A saída está prevista ás dez e media da mañá dende a praza Virxe de Guadalupe.

Á proba trail, volverá a sumarse este ano unha andaina, cun percorrido similar, aínda  que a saíada para os participantes nesta modalidade será máis cedo, ó redor das oito e media da mañá. Unha vez rematada a carreira e a andaina os participantes disporán de servizo de autobús que os levará de volta a Rianxo. A día de hoxe, a falta aínda dunhas horas para o peche das inscricións, que poden realizarse a través da web de emesports, xa son máis de 110 os corredores inscritos nestas dúas probas.