Homenaxe ós xogadores históricos do Pontearnelas

homenaxe_pontearnelas250_300708.jpgVILANOVA > O Pontearnelas rindeu unha homenaxe, onte pola tarde, ós seus xogadores históricos. Neste emotivo evento estiveron presentes Rafael Louzán, presidente da Deputación, e José Juán Durán, vicepresidente da mesma, xunto cos alcaldes de Cambados e Vilanova.

{flowplayer}images/salnes/homenaxe_pontearnelas.flv{/flowplayer}

VILANOVA > O Pontearnelas rindeu unha homenaxe, onte pola tarde, ós seus xogadores históricos. Neste emotivo evento estiveron presentes Rafael Louzán, presidente da Deputación, e José Juán Durán, vicepresidente da mesma, xunto cos alcaldes de Cambados e Vilanova.

O clube de Pontearnelas conta xa con 75 anos de existencia e as décadas dos anos 40, 50 e 60 foron tempos moi exitosos a nivel competitivo e tamén económico para este clube vilanovés. Por isto, onte pola tarde, rindéuselle unha homenaxe a cerca dos 25 ex-futbolistas, xa octoxenarios, no campo de As Chans, en Vilanova.

Os ex xogadores do clube do Pontearnelas recibiron un diploma commemorativo da man de distintas autoridades, entre os que se atopaba Rafael Louzán. O presidente da deputación, que aproveitou para visitar as instalacións da Sociedade Deportiva Pontearnelas anunciou o seu compromiso de dotar o campo de As Chans de herba sintética a principios do vindeiro ano.

Logo desta emotiva homenaxe xogouse un partido co motivo do Trofeo de Santa Marta entre o clube de Pontearnelas e o Ribadumia. Este encontro rematou cun 1 a 5 para o Ribadumia.

Redacción Salnés