O ‘Tuky Bulfoni’ ensina baloncesto no campus do Xuven

MEIS> Hoxe arrancou a primeira edición do campus de iniciación de baloncesto concello de Meis. Neste primeira día de actividades, os 36 rapaces que participan nel puideron desfrutar da presencia do ‘Tuky’ Bulfoni, xogador da Liga Endesa, ata o de agora vencellado ó Blusens Obradoiro.

{flowplayer}images/salnes/campus_250612.flv{/flowplayer} 

O traballo conxunto do concello de Meis e do Xuven de Cambados, permitíu sacar adiante este campus de iniciación no baloncesto que se celebra dende hoxe e ata o xoves no pavillón municipal da localidade. 36 rapaces de entre 7 e 15 anos participarán nestas actividades, en horario de mañá, recibindo os consellos de recoñecidos especialistas. Pasará xente da delegación arousá de baloncesto, colexiados e técnicos como Diego Doval. Hoxe foi turno para Víctor Pérez, segundo adestrador do Obradoiro e o ‘Tuky’ Bulfoni, ex-capitán do conxunto santigués. 

Detrás deste campus está a idea por parte tanto do Xuven como do concello de Meis, de crear unha escola de baloncesto para o vindeiro curso.

Non podíamos desaproveitar a presencia do ‘Tuky’ Bulfoni nun campus do Xuven. O arxentino deixa o Obradoiro para volver á súa terra. Antes de marchar, tomámonos a liberdade de facerlle unha oferta.

Redacción Salnés