Sardiñas, churrasco e moito lume

san_xoan2012100.jpgPOIO> Así se celebrou en Galicia a noite de San Xoán. Canal Rías Baixas achegouse ata Poio, concello que celebra as súas festas patronais …

{flowplayer}images/salnes/FOGUEIRAS_SAN_XOAN_2012.flv{/flowplayer}

… e que tiveron, o sábado pola noite o seu punto álxido.

Na explanada da Seca a noite comezou coa tradicional parrillada de sardiñas. Nesta ocasión asáronse catrocentos quilos, que se repartiron a 2 euros a ración, que ía acompañada de pan e viño. O partido de España na Eurocopa fixo manter acendidas as brasas ata vén entrada a noite, e cando rematou o encontro, con vitoria española, foi cando se produciu a maior avalancha de público.

Na Seca, amais de sardiñas, tamén houbo música, na verbena amenizada pola orquestra Emperadores e o grupo de folk A Roda. Pouco antes da media noite, celebrouse o espectáculo de lume, e ás doce prendeuse a fogueira. E como a principal era moi grande, de seguido se fixeron outras máis pequenas para cumprir coa tradición de saltar as lapas tres veces.

Como diciamos Poio celebra estes días as súas festas patronais, que arrancaron o venres coa lectura do pregón a cargo do empresario Alfredo Magín Froiz. O acto celebrouse na Casa Consistorial e aproveitouse tamén para entregar os premios ós deportistas destacados da temporada e ós gañadores do concurso do cartel anunciador. O alcalde foi o encargado de acender o chupinazo de inicio das festas.

As festas continúan hoxe e mañá. Esta noite a verbena correrá a cargo de Panorama e Pontevedra, e mañá actuarán Sintonía e Jerusalén. Mañá á medianoite, os fogos de lucería porán punto e final a cinco días de festa en Poio.

Redacción Salnés