Anúncianse movementos nas directivas dos clubes

directivas250_200510.jpgSALNÉS> A falta dunha xornada para o remate da liga na Preferente e coa Terceira finalizada, os clubes comezan a planificar o vindeiro ano. No Céltiga e no Portonovo anúncianse remodelacións comezando pola directiva. En Baltar por exemplo, o domingo dimitirá o presidente Fernando Fraga.

Despois de tres anos ó frente do club Fernando Fraga recoñeceu estar canso. Moitas obrigas e sacrifcios e máis desilusións que alegrías. O martes xa deixaba intuir ante as cámaras de Canalriasbaixas a súa dimisión.

O certo é que na reunión mantida onte pola directiva, Fraga deixou claro que presentará a súa dimisión irrevocable. Será o domingo nunha asemblea extraordinaria que se celebrará ás 12:00 e na que os socios elixirán ó novo presidente. Todo antes do derradeiro partido de liga, pola tarde ante o Caselas, para o que se ten preparado unha auténtica festa na que participarán os rapaces da canteira e un grupo de baile rexional. Asimesmo, os integrantes do equipo que acadou o anterior ascenso á Terceira farán o saque de honra e Óscar Guimerán recollerá o premio ó xogador máis regular da campaña. Todo con entrada de balde.

No Céltiga, que fará o camiño inverso ó Portonovo, tamén se prevén cambios toda vez que o seu presidente Manuel Martiñán deixou entrever que está disposto a ceder o seu cargo se alguén se compromete a dirixir o club durante os vindeiros catro anos. A actual directiva agardará ata o luns para ver se aparace un relevo.

Mentres, no Arousa sucede todo o contrario, neste caso a directiva semella que quere quedarse. Para o 2 de xuño está fixada a asemblea xeral ordinaria, que se celebrará na Cámara de Comercio de Vilagarcía e na que cesará a directiva toda vez esgotou o seu mandato de catro anos.

Por iso, ó rematar ésta, haberá unha asemblea extraodinaria na que se abrirá o proceso electoral. O actual dirixente José Manuel Gómez xa deixou claro que a súa intención é seguir axudando ó club, xa sexa como presidente ou como parte da directiva.

Redacción Salnés