O mozo que agrediu a Rajoy no 2015 ataca un xornalista en Pontevedra

PONTEVEDRA> O agresor de Mariano Rajoy volveu ser detido esta mañá en Pontevedra logo de irromper na redacción de La Voz de Galicia na cidade e agredir a un xornalista. 

Andrés de Vicente Fuentes accedeu ás oficinas da rúa Rosalía de Castro contra as 14:00 horas deste venres cun coitelo e un rolo de cociña. Ademais de atacar ao redactor do xornal, o individuo causou danos nas instalacións, destrozando ordenadores e mobiliario. 

O xornalista sufriu cortes nunha man ao tentar defenderse. Foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Montecelo. 

O agresor fíxose coñecido no 2015 por agredir en plena rúa ao daquela presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy. Durante un paseo electoral polas inmediacións da Peregrina, o mozo achegárase ao dirixente popular dándolle un puñazo na cara e quitándolle os lentes. Naquel momento tiña 17 anos. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí