O Concello restrinxirá o tráfico en Domingo Fontán a partires do luns 21

PONTEVEDRA> As obras da Ponte do Burgo entrarán a vindeira semana nunha nova fase de execución. En concreto, coa renovación de todos os servizos da avenida de Domingo Fontán. Unhas obras que obrigarán a pechar un dos carrís deste vial a partires do luns 21 durante un tempo aínda sen determinar.

Unha vez rematada a cabeceira sur da Ponte do Burgo e tras finalizar a preparación do taboleiro para instalar a varanda, o goberno municipal céntrase agora na cabeceira norte. Unha nova fase na que se renovarán todos os servizos desta avenida. Dende a rede de pluviais, pasando polo alumeado público e finalizando coa rede xeral de subministro de auga. Xustamente neste último servizo é onde está a principal novidade deste proxecto xa que por primeira vez en Pontevedra, empregarase a técnica de “encamisado”.

Co obxectivo de renovar os servizos en Domingo Fontán, a partires do luns 21 cortarase o carril dereito desta avenida. Polo tanto, prohibirase a circulación dende a Ponte das Correntes cara a Ponte do Burgo, agás residentes e servizos.

O goberno municipal non quixo establecer ningún prazo de execución para a renovación dos servizos. O que si anunciou foi o orzamento co que contará esta actuación, que acende a 77.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí