Aumenta a preocupación en Poio tras os continuos roubos e atracos

POIO> Aumenta a preocupación en San Salvador polos roubos e atracos rexistrados nas últimas semanas. Os veciños de Poio piden maior compromiso e responsabilidade ao Concello e esixen unha solución inmediata ante a falta de seguridade na parroquia.

Atracos con forza, agresións ou roubos con intimidación. Eses son algúns dos incidentes rexistrados nas últimas semanas na parroquia de San Salvador. E, en especial, nesta zona das inmediacións do Vao. Os veciños están fartos da inseguridade que están a vivir en Poio e piden ao Concello maior compromiso e responsabilidade.

Os veciños aseguran que sempre houbo problemas de seguridade nesta zona pero están convencidos de que houbo un repunte nas últimas semanas. Un dos últimos roubos rexistrouse neste chalé da Caeira. Os ladróns aproveitaron a ausencia puntual dos seus propietarios para entrar na vivenda.

A Asociación Veciñal de San Salvador critica tamén a actitude da concelleira de Seguridade, Marga Caldas, tras asegurar que este non é un problema policial senón social.

Os veciños de San Salvador piden ao goberno municipal que se tome en serio as súas peticións e esixen unha solución urxente a un problema que afecta a todos os veciños da parroquia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí