As obras da Pousada da Armenteira están a piques de rematarse

    MEIS> O Proxecto Pousadas entrará en funcionamento íntegramente no ano 2011, ou alomenos esas son as previsións que contempla a Deputación…

    {flowplayer}images/salnes/pousada_salnes.flv{/flowplayer}

    … de Pontevedra e que ven de facer públicas nunha visita sobre o terreo á fase final das obras da Pousada da Armenteira. A Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo foi a convidade nesta ocasión. Aquí, in situ, valorou moi positivamente a construcción das catro Pousadas que compoñen o proxecto: a da Lanzada, a de Ribadumia, a de Meaño e esta de Meis. Unhas Pousadas que se caracterizan por superar calquera barreira arquitectónica facendo posible un establecemento hostaleiro de calidade adaptado a persoas con calquera grao de mobilidade.

    Estas catro pousadas veñen a completarse con tres rutas de sendeirismo, entre elas a xa famosa Ruta da Pedra e da Auga, que os políticos tiveron a ben percorrer á beira dos ríos San Martiño e a Chanca.

    O seu itinerario rematou na Pousada de Ribadumia, completando así unha ampla visita a unhas instalacións que virán a supoñer un revulsivo para a economía da comarca, que aposta, cada día máis polo turismo.

    Esta Pousada da Armenteira e as outras tres que completan o conxunto serán explotadas de xeito privado, aínda que nunca deixarán de supoñer un patrimonio público. A súa posta en marcha podería comezar xa no 2013; posto que só faltan semanas para que comecen a saír a licitación a explotación das mesmas.

    Redacción Salnés