VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía estuda as medidas a tomar para cumprir coa Lei de Memoria Histórica. Dende Ravella agardan que nas próximas datas se presente o informe técnico que permita modificar as rúas con nomes (franquistas) de persoas vinculadas ao franquismo. O goberno local tamén acordou co arcebispado retirar a cruz da igrexa de Santa Eulalia a conta dos gastos municipais. Máis complicado será o traslado do busto de Calvo Sotelo polo seu valor artístico.
O concello de Vilagarcía sae o paso ante as acusación de Marea da Vila de non cumprir coa Memoria Histórica. Noutro medio de comunicación, a portavoz da formación, María de la O, acusou ao goberno local de actuar con lentitude no cumprimento de esta materia. Dende Ravella recordan que xa contrataron a unha asesoría externa para que fixese un estudo exhaustivo sobre o rueiro municipal. O resultado agarda que chegue nas próximas datas.
En total son 7 as rúas con nomes de persoas que puideron estar vinculadas ao franquismo. O estudo determinará cal foi a súa relación coa ditadura e si é preciso ou non modificar o nome.
Outro dos incumprimentos da vila coa lei de memoria histórica ten que ver coa cruz da igrexa de Santa Eulalia. O goberno chegou a un acordo co arcebispado para retirar a escultura.
Diferente é o caso do busto de Calvo Sotelo. A lei de memoria histórica recoñece que están protexidas a obras cun importante valor artístico.
Unha vez presentado o informe será a comisión de revisión da lei de Memoria histórica a que decida as medidas a tomar. Ao marxe das rúas e esculturas con nomes vinculadas ao franquismo, dende a vila e a iniciativa cidadá pola memoria histórica tamén se están levando a cabo medidas para honrar as vítimas do franquismo. Destacan a placa en recordo das vítimas no entorno do Museo do Ferrocarril e o monumento as Rosas Rotas, no parque de Miguel Hernández.