CUNTIS> A Deputación de Pontevedra reformará as instalacións deportivas, que contarán con céspede artificial, novas bancadas e vestiarios.
{flowplayer}CAMPO_RAN_CUNTIS.flv{/flowplayer}
A renovación do campo de fútbol da Ran suporá case a creación dun novo estadio tendo en conta os traballos que pensa acometer a Deputación de Pontevedra e o estado actual das instalacións. Segundo o proxecto dos técnicos da Deputación, terá unhas dimensións de 105 por 63 metros, más amplo que o actual, e dotarase de céspede artificial de última xeración. Tamén se marcarán dous campos transversais de fútbol sete, cos seus correspondentes sistemas de rego e drenaxe e construiranse novas bancadas con capacidade para máis espectadores así como vestiarios para xogadores e árbitros. Pero hai máis.
Levantarase un edificio complementario que albergará o almacén, unha oficina, o control de acceso, baños e unha cafetería. Ademais dotarase ós equipos de novo equipamento, como un xogo de porterías de fútbol once, dous de fútbol sete, banderíns de córner e un marcador electrónico.
A obra rematarase coa urbanización da parcela que rodea o campo, incluíndo zonas verdes e aparcamentos.
Redacción Salnés