SANXENXO> Sanxenxo convértese en epicentro de la mobilidade sostible en medios de transporte. A praza do Mar acolle dende este xoves a terceira edición dun congreso organizado polo IES Vilalogna e o CIFP Fontecarmoa. Durante dúas xornadas por aquí pasarán expertos de distintos sectores para abordar as últimas tecnoloxías da automoción. Máis de 250 alumnos de FP de Automoción de toda Galicia participan no encontro.
A Praza do Mar de Sanxenxo acoge entre este xoves e vernes o III Congreso de Mobilidade Sostible en Medios de Transporte, organizado polo IES Vilalonga e CIFP Fontecarmoa. No foro participan 290 profesores e 280 alumnos de FP de automoción de toda Galicia.
Por aquí pasarán ao longo de dúas xornadas destacados expertos do sector, para abordar as últimas tecnoloxías en automoción.
A conferencia inaugural correu a cargo de Álvaro Sauras. Baixo o título ‘Flash charging e recarga ultrarrápida’, analizou as novidades dos vehículos eléctricos que, cada vez gañan maior autonomía. Unha tecnoloxía que está en constante evolución.
Francisco José Sánchez Pons, licenciado en física e experto en software, foi o segundo dos protagonistas desta primeira xornada. Na actualidade é director de mobilidade no Centro Tecnolóxica de Automoción de Galicia. A súa intervención centrouse nos avances cara a mobilidade autónoma.
Na inauguración do Congreso participaron o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez. O foro continuará ao longo deste venres con máis intervencións e outras actividades paralelas, como encontros do alumnado con empresas.











