As praias de Boiro presumen de bandeira azul

    izadobandeiraazulcarragueiros100.jpgBOIRO > A bandeira azul xa ondea nos areais de Boiro que ostentan este distintivo tralo acto central de izado na praia de Carragueiros.

    {flowplayer}barbanza/izadobandeiraazul.flv{/flowplayer}

    O executivo de Boiro elixiu a praia de Carragueiros para celebrar o acto central do izado da bandeira azul que ondeará en cinco praias do municipio e na mariña de Cabo de Cruz. Estes seis distintivos unidos ás tres bandeiras de Q de calidade converten a Boiro no concello máis atractivo de Galicia a nivel ambiental.

    Esforzo conxunto

    O alcalde destacou o esforzo conxunto de tódalas administracións para conseguir a máxima excelencia nos seus areais.

    O director xeral de conservación da natureza quixo participar tamén neste acto en recoñecemento á importancia do esforzo realizado por Boiro para converterse nun referente a nivel internacional.

    Redacción Barbanza