Miro Serén presenta a súa candidatura ó PSOE Vilagarcián

    VILAGARCIA> O socialista vilagarcián Argimiro Serén ven de presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral do PSOE en Vilagarcía, …

    {flowplayer}images/salnes/rp_miro_seren.flv{/flowplayer}

    …o cargo que acaba de abandonar Tania García, arestora Secretaria Xeral do PSdeG na pronvicia de Pontevedra. Esta é a primeira candidatura que se postula públicamente na familia socialista da capital arousá. Miro Serén, como lle chaman os seus compañeiros de partido, aposta pola continuidade á labor feita por Lino Mouriño e Tania García.

    Defende os seus valores persoais e profesionais para ocupar este cargo, así como a súa experiencia como edil na corporación municipal vilagarciá. Serén aposta tamén pola canteira, por dar paso ós novos valores socialistas. De feito xa ten decidido que Julio Torrado sería o Secretario da organización local no que caso de que el saíse elixido. É a única peza que ten clara para o futuro do PSOE Vilagarcián; un devir que cre firmemente na política socialista feita a pé de rúa para solucionar os problemas actuais de identidade deste colectivo.

    O candidato aposto pola fórmula de un militante – un voto de cara ós comicios internos deste próximo venres; unhas eleccións que nas últimas voltas estiveron marcadas pola escasa participación. Ata o día anterior ás votacións pola noite poden seguir presentándose candidaturas; de feito xa soan outros nomes, aínda que Serén non quere oír falar de consensos impostos sobre porcentaxes, ou nas súas propias verbas, reparto de tartas a priori.

    Redacción Salnés