VILAGARCÍA> Catro mozos de Vilagarcía e dous de Cambados traballarán a cambio de sorrisos. Os mozos empresarios levarán a cabo unha xornada solidaria para conseguir cartos e xoguetes para agasallar aos nenos das familias necesitadas. A xornada terá lugar o domingo no salón de peiteado Gentleman.
A avalancha de solidariedade xurdida tralo desafiuzamento dunha familia de Portonovo non cesa. Catros mozos empresarios de Vilagarcía levarán a cabo unha iniciativa solidaria para obter regalos para agasallar aos nenos máis necesitados. Este domingo no salón de peitado Gentleman cambiarán o seu traballo por sorrisos.
Adrián é o precursor desta idea e xunto cos perruqieros de MyM de Corvillón cambiarán o seu traballo por xoguetes. Dado os fin solidarios tamén se sumaron Laureano Rey do Rincón de Don Laureano e Pedro Abalo e Roberto Gerpe da tenda La 29.
Todo o recadado estará destinado a axudar a dúas familias de Sanxenxo e a asociación Donaciones Galicia que traballa para mellorar a situación das familias máis necesitadas.
Os precursores sons coscientes da situación que estamos atravesando. Por iso o salón Gentleman estará preparado o domingo para realizar as actividades solidarias cumpríndo coas medidas sanitarias.
Polo de agora foron moitos os clientes que xa mostraron o seu interese por colaborar. De feito as citas do salón de peiteado están case completas. O horario da xornada solidaria será de 11 da mañá ás dúas do medio día e de 4 a 8 da tarde.