As sendas peonís de Poio estarán listas para outubro do 2019

Pontevedra> A conselleira de Infraestruturas confirmou esta mañá que tanto a senda peonil de Covelo- Raxó, como a de Covelo a Granxa estarán finalizadas en outubro do 2019. Con estes traballos e outras actuación na PO-308 dende Xunta realizarán un investimento, na seguridade viaria desta zona, de 5 millóns de euros.

Dende a Xunta de Galicia quixeron poñer sobre a mesa a súa aposta pola seguridade viaria. Para isto nesta xornada a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, estivo nun tramo da PO 308 onde se está a executar un tramo dunha das actuacións que están desevolvendo dende o Goberno Galego entre Covelo e Raxó.

Uns traballos que terán un prazo de execución de 12 meses o que significa que estarán rematados en outubro do 2019, ao igual que o tramo de seguridade viaria que une Covelo con A Granxa.

Ambas obras estarán finalizadas en outubro do 2019.

Uns traballos necesarios e que valoran positivamente dende o concello de Poio.

Uns traballos que se realizarán ao longo destes 12 meses e que traerán consigo o corte de tráfico que se realizarán, segundo dixeron nesta xornada os técnicos, en horario nocturno, será de forma esporádica e con tráfico alternativo. Con todo a conselleira quixo destacar que estas actuacións, engadidas a outras xa realizadas, suman un total de 5 millóns de euros de investimento dende a Xunta de Galicia na PO 308.