A campaña “Barcos á rúa” non pasa desapercibida no centro cambadés

    barcosrua copia100.jpgCAMBADOS> Días despois da súa instalación, as embarcacións chaman a atención dos paseantes e animan as rúas máis céntricas.

    {flowplayer}images/salnes/BARCOS_RUA.flv{/flowplayer}

    As prazas de Fefiñanes, Asorey e do Concello, o Pombal, o paseo marítimo e a Avenida de Marín, son os puntos estratéxicos onde fixeron o seu primeiro atraque estas pequenas embarcacións, que dende hai uns días alegran as rúas de Cambados.

    De tres en tres, estes barquiños deseñados por un escultor da comarca e pintados por artistas de Belas Artes, conseguen chamar a atención dos paseantes.

    Con estas embarcacións, o Consorcio quere reafirmar que non esquece o carácter mariñeiro da súa zona, a comarca do Salnés.

    A idea naceu da Asociación de Comerciantes de Sanxenxo, pero a folla de ruta destas embarcacións inclúe todos os concellos da comarca membros do Consorcio, costeiros ou non. Así, Ribadumia, O Grove ou Meaño tamén se converterán en portos para os dezaseis barquiños durante o seu percorrido polas augas do Salnés.

    Redacción Salnés