Trescentos profesionais da FEB beneficiaranse dun Plan de Formación

    BOIRO> A Deputación da Coruña e a Federación de Empresarios do Barbanza asinaron un convenio para a posta en marcha dun plan de formación na comarca, dirixido ó sector turístico e ó comercio. O ente provincial financiará trinta mil euros e a patronal achegará sete mil cincocentos para o desenvolvemento de diversos cursos e accións formativas. Os eixos fundamentais do programa versarán sobre a creación e posicionamento das marcas turísticas, as novas claves de éxito no sector hostalerio e comercial e a colaboración público-privada e intermunicipal como ferramenta de desenvolvemento turístico. Estímase que unhas trescentas persoas, especialmente profesionais e autónomos das pemes do sector, se beneficiarán desta iniciativa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí