BARBANZA> Despois de analizar os pros e contras de seguir adiante co circuíto, do que restaban tan só dúas probas, ve inviable poder desenvolvela, debido á actual situación provocada polo coronavirus.
Con tres probas xa disputadas e á falla de unicamente tan só dous trails para o peche do circuíto, a organización do Revolutrion Trail Series decidiu cancelar a competición. Foi unha decisión difícil, á que se chegou despois de analizar tódalas opcións posibles, mesmo a posibilidade de trasladar estas dúas probas a outra data no calendario.
A organización ten previsto proceder nos próximos días á devolución das cotas de inscrición das probas pendentes a todas aquelas persoas que xa realizaron o pago.
Aínda que o circuito este ano está cancelado, dende Arousa NeO non descartan a realización dalgunha que outra ‘quedada’, sempre e cando as condicións sanitarias existentes o permitan, para matalo verme de todos aqueles amantes do trail, da que se darán cumprida información nas súas redes.